CENTRO  CONCERTADO

                        DE  CALIDADE

MONTERREY

C/ Montecelo  Alto, 41 (a 1 minuto

  do  Centro Comercial Travesía)

    VIGO  Tlf-fax: 986 272 047

      

 

 

 

 

 

HORARIO DA BIBLIOTECA:

 

         A biblioteca permanece aberta durante o curso escolar de luns a venres de 16:00h a 18:00h.

 

                Algunhas mañans grupos de Educación Infantil, Educación Primaria e E.S.O visítana, ben para escoitar contos, traballar cos diccionarios ou enciclopedias, ben para elaborar material necesario para algún traballo.

 

FUNCIONAMENTO

 

                PRÉSTAMOS DE LIBROS:

 

                Os alumnos que desexen poden levar libros para casa, cubrindo unha ficha onde deixan os seus datos xunto co curso onde están, nome do libro, data de entrega e dispoñen de quince días para lelos. Este préstamo faráse pola tarde, durante o horario de biblioteca.

 

         LIBROS QUE NON SE PRESTAN:

 

                Non se deixan levar para a casa:

 

¨ Libros de consulta : diccionarios, enciclopedias...

¨ Revistas

¨ Xornais

¨ Cómic

¨ .....

 

                BIBLIOTECA DE AULA:

               

                Nas aulas hai unha biblioteca de aula para que os alumnos poidan ler libros, levalos para casa, facer traballos, etc.

 

                A lectura é un dos aspectos que pretendemos coidar máis, xa que:

 

¨ Permite desenvolver ó alumno destrezas e habilidades que o acompañarán toda a súa vida

¨ Desenvolve o hábito lector, para que a lectura poida convertirse nunha placenteira actividade elexida libremente.

¨ Desenvolve a capacidade comprensiva e rententiva.

¨ Permite coñecer experiencias diferentes as que eles viviron.

¨ Amplia a súa visión do mundo, abre a súa mente a outras realidades e culturas con actitude de respeto.

 

                FOMENTO DA LECTURA:

 

            *Inténtase motivar e incentivar a lectura desde educación Infantil.

 

*Inténtase motivar e incentivar a lectura, facendo que o alumno se vexa mergullado nela. Con este motivo, despois dalgunha lectura, sempre que se poida, recibimos a visita no Centro de algún autor que lles fala do libro e lles asina os exemplares.

 

*Tamén fomentamos o labor da escrita, traendo algún animador que lles fai inventar e contar cousas a partir dun pequeno anaco de texto, no que se teñen que implicar.

 

COLEXIO

BIBLIOTECA
Estadisticas Gratis