inicio

 

 

 

 

             CENTRO  CONCERTADO

                        DE  CALIDADE

COLEXIO

MONTERREY

C/ Montecelo  Alto, 41 (a 1 minuto

  do  Centro Comercial Travesía)

    VIGO  Tlf-fax: 986 272 047

inicio

A.N.PA.

 

   Somos un grupo de nais e pais que cada día estamos a oír, tanto nos medios de comunicación como a pé de rúa, que o que máis se valora á hora de escoller un colexio para os nosos fillos/as é se ten unhas boas instalacións, se o nivel de inglés é moi alto, se é con profesores nativos mellor que mellor, o nivel social que ten, ata mesmo, que canto máis alta sexa a mensualidade mellor é este. .... Todo isto está moi ben e de feito é moi importante, pero cremos que estamos a esquecer o fundamental, que tamén deberiamos ter en conta o lado humano do colexio, coñecer os profesores, que nos coñezan a nós e aos nosos nenos, pero con todo o que leva consigo a palabra coñecer, é dicir os seus medos, as súas ilusións, as súas limitacións e que saiban querelos e valoralos, que nos acompañen na súa educación, da que somos os primeiros responsables.

   Nós atopamos un Colexio onde as nosas expectativas están cubertas, onde cada mañá nos saúdan coa proximidade dunha familia, onde os nosos fillos/ás senten parte importante desta, ao igual que nós.

   Un grupo de profesores con vocación e ganas de ensinar aos nosos nenos/ás a ser mellores persoas, traballando para que a súa educación escolar sexa mellor cada día, por iso, dende aquí, queremos dar as grazas a todo o equipo, dende o persoal de limpeza, profesorado, persoal de actividades extraescolares, ata secretaría e dirección. Grazas a todos os pais que como nós confían neste centro educativo.

A.N.P.A

ACTVIDADES

CURSO 09-10

n NATACIÓN:

Cuadro de texto: SAMAÍN: IV concurso de doces
Estadisticas Gratis
Cuadro de texto: CONTACTAR