inicio

 

 

 

 

             CENTRO  CONCERTADO

                        DE  CALIDADE

MONTERREY

C/ Montecelo  Alto, 41 (a 1 minuto

  do  Centro Comercial Travesía)

    VIGO  Tlf-fax: 986 272 047

Cuadro de texto: 	




A través do Departamento de Orientación lévanse a cabo distintos Programas e tarefas encamiñadas a:

Detectar posibles problemas de aprendizaxe.
Coordinar actividades de Orientación.
Atender necesidades específicas do alumno.
Asesoramento en titorías.
Avaliación psicopedagóxica e desenvolvemento nas medidas de atención a diversidade: reforzos, apoios, Adaptacións Curriculares.
Coordinar mestres de apoio.
Axudar ós alumnos en momentos decisivos da súa vida.
Orientaás familias sobre distintos aspectos da educación dos seus fillos.
Promocionar e coordinar Escolas de Pais.
Impulsar o desenvolvemento do PAT e PO

ACTIVIDADES REALIZADAS:

Charlas presentación, o inicio do curso, para pais.
Cuestionarios de Desenvolvemento Infantil para pais de nenos de 4 anos, 5 anos e Primeiro Ciclo de Primaria.
Colaboración e apoio en tutorías.
Asesoramento e colaboración para a elaboración de programas de reforzos e ACIS.
Programa de Hábitos de Traballo e Técnicas de Estudio levado a cabo con pais e alumnos de 1º da E.S.O.
“Carnet de prudencia” en 5º de primaria.
Programa de Educación afectivo sexual e de prevención do SIDA, en 3º da E.S.O.
Dúas charlas para cada grupo de alumnos de 3º e 4º da E.S.O sobre relacións sexuais, enfermidades de transmisión sexual e anticonceptivos.
Programa de Prevención do consumo de drogas levado a cabo polo grupo Creative, consistente en catro reunións con cada curso de 3º e 4º da E.S.O.
Programa de Orientación Persoal, Escolar e Profesional para 4º da 	E.S.O.
Avaliación e Valoración individualizada levada a cabo en distintos cursos a través de probas e test psicolóxicos e Revisión con titores:

-PLON, proba de linguaxe oral (3º infantil)
-BADIG B, proba de Aptitudes (2º primaria)
-BADIG C, proba de Aptitudes (4º primaria)
-BADIG E, proba de Aptitudes (6º primaria)
-CETI, cuestionario de estudio e traballo intelectual (2º E.S.O)
-Cuestionario de PREFERENCIAS PROFESIONAIS (4ºE.S.O)
-HSPQ, test de personalidade (4ºE.S.O)
-SOCIOGRAMAS (4º, 5º, 6º de primaria e 1º, 2º, 3º,4º da E.S.O)

Atención e demandas individuais derivados de pais e mestres.


FORMAN O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:

Psicóloga
Profesora de Audición e linguaxe
Pedagoga
Xefa de Estudios
Titores e mestres


AUDICIÓN E LINGUAXE:

	OBXETIVO XERAL:

	Detectar, previr e intervir nas dificultades da linguaxe para poder utiliza-lo como medio de comunicación e expresión de ideas e sentimentos...  facendo uso de el con intención comunicativa e de forma correcta. Integrando tódolos fonemas da lingua, nas distintas posicións e nos diferentes tipos de linguaxe (repetitivo, dirixido, espontáneo)


	OBXETIVOS ESPECÍFICOS:

Desenvolver a movilidade e axilidade dos órganos bucofaciais que interveñen na articulación.
Respirar correctamente, con axilidade e ritmo adecuados para unha boa fonación.
Pronunciar correctamente os sons do idioma, xa sexan illados ou en palabras.
Aprender a combinar fonemas, palabras e frases en secuencias comprensibles para os demais, estimulando polo tanto o desenvolvemento da linguaxe para que o alumno acceda de forma correcta ó proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Pronunciar correctamente con fluidez retahílas, rimas e trabalenguas.
Ampliar e estimular o vocabulario.
Desarrollar e exercitar a memoria e discriminación auditiva.
Crear gusto pola comunicación e o diálogo como vehículos de transmisión de sentimentos, experiencias e vivenzas
Previr e reeducar as alteracións da linuaxe, tanto oral como escrito, que se presenten no centro escolar durante o curso.
Levar a cabo unha coordinación con titores e familia no proceso de reeducación.

COLEXIO

SERVIZO PSICODEDAGOXICO E DE ORIENTACIÓN:
Estadisticas Gratis