


|
CENTRO CONCERTADO DE CALIDADE |
|
COLEXIO |
|
MONTERREY |
|
C/ Montecelo Alto, 41 (a 1 minuto do Centro Comercial Travesía) VIGO Tlf-fax: 986 272 047 |



|
Despois da gran aceptabilidade que tiveron as nosas enquisas sobre o uso do uniforme este será obrigatorio a partires do curso 2008-2009 en Educación Infantil e en Educación Primaria. Os alumnos de Infantil e 1º e 2º de Primaria usarán ademais obrigatoriamente o mandilón durante toda a xornada escolar tal como o viñan facendo xa agora. Para as clases de Educación Física levarán tódolos alumnos o chándal do colexio coa camiseta correspondente.
É importante que os alumnos e alumnas veñan ó colexio correctamente uniformados de maneira que fortalezamos entre todos a unidade e a cohesión do noso centro. A colaboración dos pais neste tema é indispensable para conseguir este obxectivo.
O uso do uniforme é un vínculo que crea pertenza a unha institución e revela calidades persoais que distinguen ó alumno, levando sempre unha presentación digna.
As prendas que compoñen o uniforme son as seguintes:
· Pantalón gris escuro para os nenos. · Falda ou pantalón femenino gris escuro con pespuntes en amarelo para as nenas. · Polo amarelo co escudo do centro e dúas listas azuis en colo e mangas. · Xersei azul marino co escudo do centro, escote en pico con dúas listas amarelas. · Zapatos azul marino ou negro. · Medias azul marino para as nenas.
|

|
Tanto o uniforme coma o chándal e o mandilón pódese adquirir na tenda de deportes Brais Sport, na rúa Sanjurjo Badía 108 e tamén en “El Corte Inglés.”
Para manter a uniformidade de tódolos alumnos prégase a máxima colaboración, desde principios de curso, dos pais, nais e de tódolos alumnos. As prendas deberán estar debidamente marcadas co nome do alumno para evitar posibles perdas das que o centro non se responsabiliza. |