
|
CENTRO CONCERTADO DE CALIDADE |
|
MONTERREY |
|
C/ Montecelo Alto, 41 (a 1 minuto do Centro Comercial Travesía) VIGO Tlf-fax: 986 272 047 |

|
COLEXIO |





|
Somos un grupo de profesionais, que aúnan xuventude e experiencia, coa motivación e preocupación constante polo alumnado. Todos eles comprometidos coa implantación dun sistema de Calidade aplicado á ensinanza coa que se pretende mellorar os métodos educativos, unha mellor relación coas familias e lograr que a tarefa educativa sexa unha prolongación desde o colexio ata o fogar. |
|
Queremos que a sociedade nos perciba como un centro moderno, innovador e cunha atención persoal de calidade |
|
No noso traballo diario, comprometémonos a CULTIVAR os seguintes valores:
¨ Liberdade e responsabilidade ¨ Convivencia democrática ¨ Respecto ¨ Esforzo ¨ Búsqueda da verdade |
|
* Ensinar os alumnos a aprender a aprender e a pensar é o obxectivo principal.
* A formación personalizada, que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores morais dos alumnos en todos os ámbitos da vida: persoal, familiar, social e profesional.
* A metodoloxía activa que asegure a participación do alumnado nos procesos de ensino aprendizaxe.
* A consideración da atención á diversidade mediante o plan e apoio aos alumnos con dificultades na aprendizaxe, ademáis das actuacións dirixidas aos alumnos con necesidades educativas especiais.
* A atención psicopedagóxica e a orientación educativa e profesional.
* A participación e colaboración dos pais ou titores para contribuír á mellor consecución dos obxectivos educativos.
* O desenvolvemento das capacidades creativas e do espírito crítico.
* O fomento dos hábitos de comportamento democrático.
* O traballo de forma coordinada e coherente no tema das relacións interpersoais e da disciplina a nivel do Centro e da Comunidade Educativa
* A mellora das relacións interpersoais entre tódolos membros da comunidade educativa
* A relación co ámbito social, económico e cultural.
* A formación no respecto e defensa do medio ambiente
* A formación de hábitos saudables e coidados necesarios que axuden a manter o corpo sa e en boa calidade de vida
* A formación no respecto ao bilingüismo
* Fomento na animación á lectura
* Fomento do uso das novas tecnoloxías
* Desenvolvemento dunha ensinanza de calidade coidando a formación permanente e actualización do profesorado, seguindo o modelo calidade europea. |
|
A normativa disciplinar achega esixencias por parte dos profesores e dos alumnos.
Por parte dos profesores poderiamos enumerar as seguintes: relacións mutuas de axuda entre profesor e alumno, dar confianza para expoñer dúbidas, eliminar tensións, comunicación e respecto mutuo.
Por parte dos alumnos: facer bo uso do edificio, material e mobiliario do Centro; o respecto ás Persoas da Comunidade Educativa dentro e fóra do Centro; o vocabulario debe ser correcto e educado; conduta solidaria cos compañeiros; puntualidade e asistencia regular.
Os obxectivos que se pretenden coas Regras de Disciplina do Centro son os seguintes:
-Contribuír á formación na responsabilidade dos alumnos.
-Proporcionar hábitos de puntualidade, corrección e respecto.
-Lograr a orde necesaria para desenvolver o traballo escolar con eficacia
-Lograr que as relacións entre tódolos membros da comunidade escolar sexan próximas e repectuosas |
|
Os obxectivos para que os pais e nais ou titores participen e apoien a evolución do proceso educativo dos seus fillos, coñezan as decisións relativas á avaliación e promoción e colaboren nas medidas de apoio ou reforzo que adopten os centros educativos para facilitar o seu progreso educativo son os seguintes:
1.-Atender ás citacións do centro
2-Non visitar ao alumnado durante as horas de clase ou recreo, sen causa xustificada
3.-Coñecer o regulamento de Réxime Interno
4.-Non desautorizar ao profesor en presencia dos seus fillos senón escoitalos e confrontar as versións. É importante que os pais valoren ao profesor.
5.-Facilitar aos seus fillos cantos medios sexan precisos para levar a cabo as actividades e tarefas que lles indique o profesor
6.-Participar voluntariamente co profesorado na programación daquelas actividades para as que se solicite a súa axuda. Por exemplo: excursións, actividades complementarias, etc. que forman parte da programación e polo tanto, son obrigatorias
7.-Consultar co titor cualquera dúbida que poidan ter no horario de tutoría.
8.-Facilitar o cumprimento das obrigas dos seus fillos respecto ao centro: puntualidade, orde, aseo, vestimenta, etc
9.-Estimular aos seus fillos no respecto ás normas de convivencia do Centro como elemento que contribúe a súa formación sendo consecuentes coas sancións ás normas dos alumnos. |