|
CENTRO CONCERTADO DE CALIDADE |
|
COLEXIO |
|
MONTERREY |
|
C/ Montecelo Alto, 41 (a 1 minuto do Centro Comercial Travesía) VIGO Tlf-fax: 986 272 047 |



|
Os seus comezos débense a un grupo de colaboradores que xuntando ánimos e xuventude decidiron fundar un centro escolar alá polos anos 70. Concretamente foi no ano 1974 cando se decidiron a pórlle o nome de Colexio Monterrey. Na súa primeira andaina era un centro totalmente privado e contaba con gran número de alumnos.
Anos máis tarde solicitou o concerto e con motivo da reforma educativa, tivo que ampliar o seu ámbito pedagóxico para poder impartir tamén a ESO. Creouse, entón, un novo edificio separando as instalacións de Infantil- Primaria por un lado e Secundaria por outro. Todo isto fixo que aumentara o número de alumnos e houbo tamén que cambiar a plantilla de profesores, que entraron a formar parte dunha sociedade que traballa única e exclusivamente para o benestar dos seus alumnos. A implicación na tarefa educativa e o punto esencial desta organización e grazas o seu labor xa ten logrados algúns méritos a nivel nacional coma o programa que está a desenvolver para acadar un sistema educativo baseado na Calidade Educativa de Excelencia. O curso pasado recibiu neste ámbito o seu primeiro recoñecemento no mes de novembro nun acto oficial en Madrid, e con este afán segue a traballar para acadar o selo de prata que sería o máximo recoñecemento o que aspira neste momento.
Este curso concretamente estreamos instalacións. Ampliouse a zona de recreo ou patio escolar. Está en continuo desenvolvemento para conseguir un maior beneficio nos seus estudiantes e dispor dun bo lugar de ocio é tamén importante para o seu desenvolvemento na actividade escolar, unha actividade que require moitas horas de traballo dedicadas con esforzo a reunións, a seminarios, a titorías e as familias para se integren cada vez máis na labor da educación dos seus fillos.
Actualmente o Colexio Monterrey defínese como un centro moi acolledor, onde o coñecemento e o trato cos seus alumnos é moi individualizado, e que conta cun gran equipo de asesoramento tanto no nivel educativo coma no profesional.
|



